(I) Que o Maroot sexa desgrazado mentres que nós aquí andamos cantando tan protexidas e tan felices. Que sexa castigado, en canto cantamos e bailamos en paz.
(II) Que sufra, pois cantando aquí facemos danzas, con tanto pracer que pouco llo agradecemos. Que sexa castigado, en canto cantamos e bailamos en paz.
(III) E reciba o Maroot unha má ganancia porque nós tan protexidas estamos danzando e cantando as nosas bailadas. Que sexa castigado, en canto cantamos e bailamos en paz.