(I) Ao meu amigo, con quen concertei unha cita, heille mentir (non cumprirei o acordado), madre, por medo a vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.
(II) Acordei con el que o iría ver na fonte onde os cervos van beber, e, se non for (á cita), hase de enfadar.
(III) E eu non teño gusto en lle mentir, mais heille mentir por medo a vós, e, se non for (á cita), hase de enfadar.
(IV) En lle mentir non teño gusto ningún, (mais) por medo a vós heille de mentir, e, se non for (á cita), hase de enfadar.