(I) O meu amigo, amiga, non quero eu que teña un gran pracer nin un gran pesar, e quero eu levar así esta cuestión, pois a tanto me atrevo nesta situación: non o quero salvar nin matalo, nin o quero facer desesperar de min, (II) porque, se eu lle mostrase amor, sei ben que lle causaría por iso un ben tan grande que lle haberían de entender por iso canto me ama; así que isto farei: non o quero salvar nin matalo, nin o quero facer desesperar de min.
(III) E se lle mostrase algún desamor non se podería librar da morte, pola forte coita que tería por iso; mais, por non errar á hora de facer o que é mellor, non o quero salvar nin matalo, nin o quero facer desesperar de min.
(1) E así pode pasar o seu tempo, ás veces con pracer, ás veces con pesar.