(I) O meu amigo xa coñece as novas destas cortes que agora se van facer; ricas e nobres din que serán, e ben sei que o meu amigo fará un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.

(II) Louvarame moito e chamarame «señora», pois ten un desexo moi grande de me louvar: a moitas donas causará un gran pesar, mais el fará, como moi bo trobador (que é), un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten.

(III) Nestas cortes que fai o rei louvarame a min e a miña fermosura e dirá todo canto ben poida dicir de min, amigas, e fará, ben o sei, un cantar en que dirá ben de min: ou o fará ou xa feito o ten, (1) porque o viron pensoso, e sei eu ben que non pensaba xa noutra cousa.