(I) O meu amigo, que me ama, enfadouse un día comigo sen razón; mais del, que así se anoxa comigo, sei eu unha cousa: se el soubese o pouco que me importa a súa saña, non se asañaría.

(II) E, porque con el non quixen falar cando el quería nin tiven ocasión, enfadouse el máis e sen dúbida pensou que me mataba; mais, segundo creo, se el soubese o pouco que me importa a súa saña, non se asañaría.

(III) Porque el me ama moi de corazón enfadouse e pensou que me causaría un gran pesar, mais debedes crer del, que así se asaña, así Deus me perdoe, que se el soubese o pouco que me importa a súa saña, non se asañaría.