(I) O meu amigo, que moito me ama, nunca pode obter de min (outra cousa) senón mal, e morrerá, sen remedio; e a min agrádame, amiga, de el morrer, por isto que vos quero dicir: deixa de pensar no mal que por iso lle vén e pensa sempre na miña fermosura.

(II) E a tal home, amigas, que lle farei, pois así morre e así quere morrer por aquel ben que nunca pode ter nin o terá –pois xa o ten ben lonxe– porque de tal xeito me desobedeceu? Deixa de pensar no mal que eu lle causei e pensa en min, fermosa, que el viu.

(III) E os amores tantas coitas lle dan por min que xa a morte está moi perto, e sei eu del que morrerá cedo, e, se morrer, non me causa pesar, pois non se soubo gardar da morte: deixa de pensar no seu gran sufrimento e pensa sempre na miña fermosa figura.