(I) O meu amigo, que sempre amei desde o primeiro día que o vin, tivo el un día queixa de min, non sei por que; mais logo eu dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(II) Porque el tivo queixa de min, os meus ollos choraron moito co pesar que iso me causou, pois vino asañarse contra min; mais eu, por Deus, dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(III) El tivo queixume de min e direivos unha cousa que me acontece desde entón: tiven tal coita no meu corazón que non durmín máis e por iso dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(1) E quen isto non souber entender nunca de min poderá saber máis sobre iso.