(I) O meu amigo, que se enfadou comigo e que xa non quere falar, pensou el que eu lle iría rogar; se eu souber que tal pensou, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).
(II) E, despois de que o meu amigo souber que eu farei isto, non agardará que eu lle rogue, senón que axiña virá el rogarme a min, e, se fixer outra cousa, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).
(III) Nin terá o meu amigo poder de coller contra min saña ningunha, agás que eu non queira que sexa así, porque, se doutro xeito (el) quixer facer, farei que Amor o teña en tal coita por min que rogar me veña (el a min).