(I) O moi bo rei que conquistou a fronteira e levou a cabo canto se propuxo realizar, e que con razón verdadeira se fixo temer e amar en todo o mundo, é bo rei de prez, valente e leal, rei Don Fernando, o bo rei que conquistou a terra dos mouros ben de mar a mar, (II) a quen Deus mostrou tan gran marabilla que xa no mundo por sempre han de falar do moi ben que soubo conquistar Sevilla por prez e por esforzo e por valía; e da conquista máis vos contarei: non houbo no mundo emperador nin rei que tal conquista puidese facer.
(III) Non sei de ninguén hoxe (que sexa) tan hábil argumentador que puidese describir todo o ben de Sevilla e, por iso, grazas a Deus, xa o bo rei en seu poder a ten; e dígovos máis: en todas as tres relixións) cantas conquistas foron feitas por outros reis, despois de Sevilla todo ficou en nada!
(IV) Mais o bo rei, que Deus mantén e guía e quere sempre que faga o mellor, este conquistou ben Andalucía sen lle importar o custo nin o medo; e direivos cando a conquistou de vez: cando lle tirou Sevilla a Mahoma e herdou alí a Deus e a Santa María.
(1) E desde o día en que Deus naceu, nunca un tan belo presente recibiu (Deus) como o recibiu del (de D. Fernando) aquel día (2) de san Clemente en que se conquistou; e noutro tal día se perdera había 409 anos.