(I) Aquilo polo que eu sempre roguei a miña nai –poder vervos–, meu amigo, (ela) non o quere; mais pesaralle moito cando souber que eu vos digo isto que vos direi: cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(II) Péselle a quen queira e mátese por iso, pois xa está decidido o que ha de ser: vereivos se vos ver puider, e poderei, pois, meu lume e meu ben, cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(III) Pois entendo que quere a miña morte e o meu mal, xa que non quere nada do que a min me prace, e xa que ela por iso o fai, facede isto, e despois farase outra cousa: cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.

(IV) Sempre fixen canto puiden por servir a miña nai máis por isto que por outra razón: por vervos, amigo, e non por outra cousa; mais, xa que ela non mo quere consentir, cada vez que comigo quixerdes falar, falade comigo, e péselle a quen lle pesar.