(I) O que a min me aconsella que eu deixe a miña señora, porque ela non me fai ben, e me considera con tanto poder agora como para me afastar dela, nunca el tivo amor como o que hoxe eu teño nin viu esta señora con quen Amor me fixo iniciar unha relación; (II) mais non a viu, e agora vaime dar un consello polo que mostra que ten perdido o siso, porque, se a vir ou alguén lla mostrar, sei con certeza isto: que considerará a miña morte preferíbel a deixar de desexar o ben dela, (III) porque, se el contemplar a beleza desta señora, pola que a min me vén o mal, non seguirá pensando que eu me poida de ningunha maneira afastar dela mentres eu viva, nin que eu me considere obrigado a iso, igual que outro home que a tal señora ame.

(IV) E, despois de (el) a ver, se puider gardarse a si mesmo de que lle ocorra como a min me ocorre, ben pensarei eu que se librará diso; mais eu teño agora un gran pavor dunha cousa desde que este aconsellador a vise: que non poida nin a min nin a si mesmo dar consello.