(I) O que nunca vos pensei dicir, con gran coita, señora, volo direi, porque me vexo xa morrer por vós, pois sabedes que nunca vos falei de como me mataba o amor por vós, pois ben sabe Deus que eu ante vós me fixen pasar por (servidor) doutra señora que non tiña por tal.

(II) E todo isto me fixo facer o moi gran medo que eu teño de vós, e tamén por vos dar a entender que eu morría de amor por outra, de quen teño, ben o sabe Deus, moi pouco temor; e de aquí en diante, miña fermosa señora, se me matades, ben o busquei.

(III) E crede que serei gozoso se me matardes, pois sei con certeza que, nese pouco tempo que hei vivir, non verei nunca ningún gozo; e, porque sei isto ben, se me quixerdes dar morte, señora, teréivolo eu por un gran favor.