(I) O voso amigo, amiga, vin andar tan coitado que nunca vin nada igual, pois a duras penas me podía falar; pero, cando me viu, díxome así: «Ai señora, ide rogar á miña señora, por Deus, que teña piedade de min».
(II) El andaba triste e moi desgustado, como corresponde a quen está tan coitado de amor, e co xuízo e a cor perdidos, pero, cando me viu, díxome así: «Ai señora, ide rogar á miña señora, por Deus, que teña piedade de min».
(III) Acheino a el, amiga, andando tal como un morto, porque é fóra do común o mal e a coita mortal que sofre; pero, cando me viu, díxome así: «Señora, rogade á señora do meu mal, por Deus, que teña piedade de min».