(I) O voso amigo ten de vós moito medo, porque el sabe que vos fan entender, amiga, que foi falar mal de vós; mais o voso amigo di sobre iso o mellor: que, de canto dixo de vós e di, o xulguedes vós como señora del, pois di que non quere outro xuíz.

(II) Queixádesvos del, mais, se Deus quixer, saberedes en moi pouco tempo que nunca dixo de vós nada máis que ben, nin dirá, mais di canto é preciso sobre isto: que, de canto dixo de vós e di, o xulguedes vós como vos prouguer, pois di que non quere outro xuíz.

(III) Rogoume el moito que vos xurase eu que nunca dixo de vós nada máis que ben, nin o dirá, e tamén di outra cousa, e non hai máis que poida dicir, penso eu: que, de canto dixo de vós e di, vós xulguedes o voso e o seu (a relación entre ambos), pois di que non quere outro xuíz.

(1) E aceptade o seu preito so a vosa autoridade, como el di, aconséllovolo eu, e non metades aí outro xuíz (non teñades en conta o que outros digan).