(I) O voso amigo foise hoxe de aquí moi triste, amiga, así me veña ben, porque non ousou falar nada convosco, e mándavos rogar isto a través de min: que perda xa o medo e o pavor de vós e (así) falará covosco, amiga, mellor. 

(II) O voso amigo non pode perder o medo, amiga, excepto por isto, por lle perdoardes vós de corazón, e mándavos rogar e dicir que perda xa o medo e o pavor de vós e (así) falará covosco, amiga, mellor.

(III) Cando el se foi, chorou moito, amiga, así me veña ben, porque non ousou falar nada convosco, e mándavos rogar isto por Deus: que perda xa o medo e o pavor de vós e (así) falará covosco, amiga, mellor.

(1) Véxase convosco e perderá o pavor que ten de vós, e isto é o mellor.