(I) –O voso amigo, que se foi para a casa do rei, amiga, moi cedo vos virá, e repartide os presentes que el vos dará.
–Amiga, direivos a verdade: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(II) –Dixéronme agora, así Deus me perdoe, que vos trae presentes de Portugal, e amiga, non os repartades mal.
–Direivos, amiga, a miña vontade: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(III) –Din, amiga, que non vén o meu amigo, mais o voso vén cedo, e repartide ben os presentes que trae. 
–Direivos, amiga, o que digo eu: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(1) E ben sei eu que, desde que el viñer, terei presentes e todo canto quixer.