(I) O voso amigo tan de corazón pon el en vós os seus ollos e tan ben, por Deus, amiga, que non sei eu quen o vexa e non entenda que non pode el ter o poder de sentir pracer de ningunha cousa agás de vervos.
(II) E quen ben vir como el pon en vós os seus ollos, amiga, cando vén ante vós, se non for moi minguado de siso, pode entender moi ben que non pode el ter o poder de sentir pracer de ningunha cousa agás de vervos.
(III) E cando el vén a onde vós estades, quere procurar algunha escusa para ocultalo, mais non lle vale de nada, porque nos seus ollos entenden que non pode el ter o poder de sentir pracer de ningunha cousa agás de vervos.