(I) Oín agora dicir que vén o meu amigo, de quen teño e terei unha gran queixa, se el me mentir, por unha cousa: como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar?
(II) Non pensei que, por nada do mundo, el puidese vivir tanto tempo sen min, e cando o vir, se me non dixer logo como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar, (III) romperei con el: se eu non o souber (que terra foi a que encontrou onde el sen min tanto morou), se non me di a verdade..., como puido facer isto, poder vivir tanto tempo sen min onde non me puidese falar?