(I) De aquí en diante, amiga, quero eu falar con meu amigo canto el queira, e vede por que: porque me ama tanto que ben vos digo eu, polo que parece e polo que eu sei, que non teño de que me preocupar, pois el non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben. 

(II) Falarei con el, pois iso non me traerá ningún mal, e obrarei con mesura ao falarlle, pois, por canto eu del sei, quéreme ben e sempre me quererá, e por iso vede o grande amor que me ten: non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben. 

(III) Xa que así é, falarei con el, por Deus, amiga, porque sempre se esforzou en me servir; alén diso, nunca me fallou desde que foi meu (servidor), polo que souben, e aínda máis vos direi do que del sei por isto: non querería o meu mal aínda sabendo que podería obter o meu ben. 

(1) E, dado que el me quere así como escoitades dicir, non teño nada que temer da súa conversa.