(I) De hoxe en diante quero deixar de trobar e quero deixar o amparo do amor e quero ir buscar algunha terra onde nunca poida saber de min a miña señora nin eu dela, xa que lle causa pesar que eu viva aquí.

(II) Mais, Deus, que difícil proba me resultará soportar o irme de onde ela estea! Pois sei moi ben que nunca podo encontrar nada que me agrade, non sendo a morte; mais tamén teño medo de que Deus non ma queira conceder tan cedo.

(III) Mais será que Deus fixo unha coita igual á que eu padecerei cando agora me teña que ir lonxe desta terra onde está a mellor de cantas hai e cuxa louvanza non pode realizarse só con palabras!