(I) Aquel a quen Deus quere favorecer non lle fai amar unha señora tal a quen non se atreva a lle dicir nada con gran pavor de lle causar pesar, nin tampouco o fai morar lonxe de onde ela está, contra a súa vontade, (II) como agora me fai a min vivir, que non sei que facer por causa da gran coita difícil de sufrir en que agora me vexo andar, como (é) ter que desexar por sempre, máis que calquera outra cousa, poder vela.

(III) Mais non pode saber (o que é) isto senón aquel a quen Deus quixer dar a coita que El me fixo ter a min, desde que me foi mostrar a que El fixo mellor falar no mundo e máis bela ser.