(I) Aquel a quen Deus quixo dar coita de amor nunca debe durmir, porque xa non durmirá cando non vexa a súa señora; e, se chegase onde a vexa, isto sei ben, non durmirá de maneira ningunha: tanto pracer ten de a contemplar!

(II) Disto podo eu falar porque hai moito que me pasa a min, pois desde que non vin a miña señora nunca durmín, e, se algunha vez Noso Señor ma quixo mostrar, tiven tanto gozo que nunca me puiden lembrar doutra cousa.

(III) Xa o sono, mentres eu viva, teño perdido, pois acontece así que onde non a vin non durmín; e pois que a non vexo, non o tentarei por nada (durmir); e xa, por Deus, dicídeme: quen durmirá con tan gran pracer ou pesar?