(I) Agora comeza o meu mal, do que xa non temía nada e do que coidaba que estaba curado, mais todo virou para mal, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(II) Xa dormía a pracer e xa non estaba tolo, e podía dedicarme a asuntos de proveito; mais xa non teño ese poder, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(III) Que ledo cheguei a sentirme cando Amor me deixou en paz un pouco tempo que me deixou libre! Mais doutra maneira me vai xa, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(IV) Por iso ninguén se debe alegrar moito de cousa boa que poida ter, pois eu, que o quixen facer, xa non teño de que me alegrar, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.
(1) Ao demo encomendo eu Amor, e Deus bendiga a señora, que ninguén poderá saber quen é, mentres eu viva!