(I) Faime agora a miña señora como o señor pode facer ao vasalo, que non se pode defender nin ten a onde ir, e déixame a mercé de Amor como un home preso: Noso Señor mo torne en ben!
(II) Fago moi ben en ter pavor desta situación e en temer Amor –de quen hei falar mal e do que me quere afastar–, e agora nada terei que sentir, e non inxustamente, pois moito o merecín.
(III) Se me vén mal ou coita, será o esperado, xa que eu moito o procurei e eu o sufrirei; mais miña señora sente pracer niso –pois me ten no seu poder–, porque me fai entrar en prisión, onde nada me espera agás a morte.
(IV) Eu farei todo canto a miña señora desexe, porque o teño que facer; mais con que ollos irei ante Amor estando no seu poder? Tan penoso me resulta intentalo que non mo admite o corazón, nin mo sabe ninguén, agás Deus.