(I) Señora, véñome despedir agora de vós, a quen moito tempo hai que atendín, e agora quero afastarme de vós sen galardón polo tan gran tempo que vos servín, e quero ir vivir en tal terra onde nunca vexa pracer nin cante nin poida rir, (II) pois sei con certeza que, desde que non vos vir, nunca verei outro pracer e calquera mal que teña non o hei de sentir, agás o causado por vós, e así andarei triste coidando na vosa fermosura e chorando moitas veces hei de dicir: «Señora, xa nunca vos podo servir».
(III) E que vai ser do meu corpo, señora, cando el desde alá desexar o voso? E que fará quen vos ten tal amor e vos non vir nin vos puider falar? Pois vos vexo e por vós moro aquí, despois, que farei ou que será de min cando eu non for na terra onde vós fordes?
(IV) Agora coa vosa licenza, a mellor dona do mundo, teño moito que andar e vós ficades por pecadora con respecto a min, porque vos servín moito e non mo quixestes galardoar, e voume de aquí de onde tanto lacerei e servín, buscar onde viva pouco e sen pracer.
(1) E, miña señora, todo isto eu merecín de Deus, mais por como vos servín a vós, (2) irei por onde for sen me avergoñar de nada, agora, coa vosa licenza, miña señora.