(I) Xa mo poden considerar unha loucura, que non hei deixar de trobar nin de dicir, no cantar que eu fixer, o moito que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.
(II) Canto eu puider, negarei que vós non sodes a que eu vin (que non vise, pois desde alí perdín a razón), mais direi o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.
(III) Ben penso que isto me afastará de vós, cando o dixer; mais será o que Deus queira, pois hei de dicir xa o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo.
(IV) E ben pode crer unha cousa quen me quixer reprender por isto: nunca me fará renunciar a dicir o ben que vos quero, miña señora, e quererei mentres eu estiver vivo, (1) pois non ha querer Deus nin o Amor que volo eu non queira, señora.