(I) Non sei que facer agora no mundo, nin encontro remedio nin Deus mo quixo dar, pois El non quixo cando non me quixo amparar, e eu non tiven poder para me protexer, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso, (II) pois non sería tan importante dicir (iso) se se me arranxasen ben os meus asuntos (amorosos); mais quen Deus non quere amparar non pode ser amparado, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso.

(III) E en mal día eu non morrín daquela, cando dixen isto e cando vin os seus ollos; mais non dixen máis, por Deus, e dixen isto en nefasto día para min, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso, (IV) porque desde aquel día en que eu a vin –oxalá que a non vise!– con estes meus ollos non perdín a coita, pois non o quixo Deus, nin a perderei, porque eu o merecín, porque eu dixen que morría por alguén, e é de xustiza que sufra por iso.