(I) Agora, señora, está disposto para min sufrir: coita é grande e gran desexo, desde que eu estiver afastado de onde vós estades e non vos vir como vos agora vexo; e, miña señora, este mal meu é excesivo e un gran sufrimento para min: por vos servir canto podo, ser eu por vós moi desamado.

(II) Desexo e coita e gran soidade convén, señora, sufrir de todas as maneiras despois mentres vós estiverdes aí e eu non vir a vosa gran beleza, que vin nun día aciago; e, miña señora, teríavos en maior consideración se me désedes a morte (antes) que vivir eu cunha coita tan forte e en tal estrañamento.

(III) Non fixo Deus par a tan gran desexo nin á coita que sofro por iso, desde que me separei de vós, pois, por onde queira que eu ande, non cesarei, meu ben e miña luz, de sempre chorar; e con moi gran queixume maldirei a miña sorte, que Deus non queira que eu teña de vivir en tan gran tristura.

(IV) E queira El, señora, que a miña vida, pois se debe a vós, logo sexa acabada, porque coa morte iráseme a gran soidade e a vida moi coitada: é razoábel ter eu desexado a morte, pois comprendo que estarei sempre chorando e sufrindo unha coita desmesurada.