(I) Agora van as donas a San Servando de romaría e non me deixan ir con elas, e pois eu logo iría alá porque vén alí o meu amigo.

(II) Se eu fose en tal compañía de donas estaría protexida, mais non quixo hoxe miña nai que fixese esa viaxe porque vén alí o meu amigo.

(III) Tal romaría de donas vai alá que non ten par e iría eu hoxe con elas, mais non me queren deixar (ir) porque vén alí o meu amigo.

(IV) Nunca miña nai me vexa se non me vingo dela, porque hoxe non vou a San Servando e me ten gardada porque vén alí o meu amigo.