(I) Agora verei, amiga, que fará o meu amigo, que non quixo crer o que eu lle dixen e sóubome perder, pois de tal maneira me gardan xa del que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(II) El quixo cumprir sempre os seus desexos e soubo traer os seus asuntos de modo que calquera llos podía entender, e por isto as gardas son tantas que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(III) E aínda que eu lle queira desde aquí o maior ben que lle poida querer, xa que non podo, non lle farei pracer, e dígovos que me gardan de modo que non teño eu poder de facer cousa ningunha por el, mais isto é o que el buscou moi ben.

(1) E vede vós: así acontece a quen non sabe gobernarse en tales asuntos con sentido.