(I) Agora vexo eu o que eu nunca coidaba ver no mundo mentres vivise: vin unha dona ser máis fermosa que cantas outras no mundo vin, e por ela logo abandonei todo canto eu no mundo desexaba.
(II) E se eu antes andaba en moi gran coita, xa esta dona me fai ter outra maior, porque Deus, para o meu mal, me fai comprender todo o seu ben, e despois comprendino; mais foi en tan mal día para min que ando máis coitado do que andaba antes.
(III) E cando eu vin o moi ben que falaba e lle ouvín dicir canto ben dixo, todas as outras cousas me fixo esquecer, certamente: despois de lle ouvir todo isto, nunca desde entón lle puiden rogar por nada do que antes lle rogaba.