(I) Agora vexo eu que Noso Señor pode facer todo canto quere facer, xa que me fixo morrer tan boa dona e agora me fixo ver outra muller, abofé, que amo máis que a min mesmo; e que nunca me valla Deus se, despois que a vin, non me fixo esquecer todas as outras cousas.

(II) Vina parecer tan fermosa e falar tan ben que simplemente non me fora preciso vela por cousa ningunha, e, se non vos digo verdade, que Deus non me dea ben dela nin de si, pois nunca vin dona tan fermosa entre cantas donas puiden coñecer.

(III) E por tal dona coido vivir sempre en gran coita mentres eu viva, porque ela me fixo ter gran coita de que nunca será ela sabedora por min, porque eu non lla direi, infelizmente, nin teño amigo que lla queira dicir por min nalgún momento, (IV) pois non sei hoxe de ningún amigo –nin mo quixo nunca dar Noso Señor– tal que por min lle fixese entender como hoxe morro polo seu amor, e, xa que eu non teño un amigo tal, podo morrer, mais nunca llo direi, aínda que me vexo por ela morrer.

(1) Con todo, se llo dixese alguén por min, teño a certeza de que a ela non lle importaría a miña morte nin a miña vida.