(I) –Os meus ollos e o meu corazón e a miña luz foise co rei. 
–Quen é, ai filla, así Deus vos perdoe? Agradecereivos que mo digades. 
Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.

(II) –Que desexo tivo agora o rei de levarme canto ben tiña e terei!
–Non vos ten proveito, filla, ocultarmo, antes volo terá que mo digades. 
Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.