(I) Os que din que ven ben e mal nas aves e teñen fama de agoirar, queren corvo pola esquerda cando van entrar noutro lugar; e dígolles eu outra cousa: que Xesús Cristo me perdoe se eu non quería antes un capón que un gran corvo carniceiro.
(II) E o que di que sabe moito de agoiros e de aves, cando quere marchar a algures, quere sempre un corvo pola esquerda ao partir; e por iso digo eu ao Noso Señor que El me dea, cada vez que chegue a un sitio, un capón cebado para o meu xantar e dea o corvo ao agoirador, (III) pois eu sei recoñecer ben as aves e máis me gorento con pata gorda que con miñato, voitre ou corvo viaraz, que non me pode facer mal nin ben; e ao agoirador torpe que di que vale máis o corvo que a perdiz, nunca Deus o deixe escoller mellor.