(I) Escoito a moitos queixárense de Amor, e din que por el lles vén todo o mal que senten e que os ten en tal coita que non hai outra igual; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (II) que ela me ten, aínda que diso escoito eu a moitos dicir outra cousa: que Amor lles fai padecer unha gran coita, de onde lles vén gran mal; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (III) que ela me ten sen motivo, aínda que certamente vexo eu moitos que din que todo canto mal padecen lles vén de Amor e non doutra cousa; mais a min vénme da miña señora canto mal teño, polo desamor (1) que ela me ten: e que peor (cousa) podo eu ter que o seu desamor?