(I) Alegrouse moito a miña señora do ben que me vai e aconselloume por iso que deixase de amala, e díxenlle eu: «Fermosa señora miña, moi ben me aconsellades vós, mais non teño poder sobre min nin sobre o meu corazón, pois ambos estamos en poder de Amor».
(II) E díxome ela: «Por Noso Señor, deixádevos, amigo, de desvaríos e non amedes a quen non vos quere ben». E díxenlle eu: «Abofé, señora, que se eu tivese poder sobre min, ben vos podería facer todo iso, mais non teño poder sobre min nin sobre Amor».
(III) E díxome ela: «Acho que é mellor deixardes, xa que non vos ten proveito, de me amar, pois diso non me vén ningún ben». E díxenlle eu: «Abofé, señora, se eu puidese (cousa que non poderei) ter poder sobre min e sobre Amor, ben sei que vos faría de grado esa proba de cariño».