Por Deus, ai Dona Leonor, moito ben vos fixo o Noso Señor!
(I) Señora, sodes tan fermosa que nunca vin quen tanto o fose, e dígovos gran verdade niso, que non podería (dicir) maior: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!
(II) E Deus, que vos ten en poder, tanto ben vos fixo que El non encontrou no mundo ningunha cousa con que vos puidese facer máis ben: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!
(III) En vós mostrou El todo o seu poder: tal dona como El sabía facer, de bo prez e de fermosura e de ben falar, así vos fixo, señora: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!
(IV) Como un belo rubí entre as pedras sodes, entre todas cantas eu vin, e Deus vos fixo para o meu mal, porque me ten desamor: por Deus, ai dona Leonor, canto ben vos fixo o Noso Señor!