(I) Por Deus, amigo, eu non sei por que é, mais xa hai moito que vexo que deixastes de trobar por min e de me servir, mais unha destas é (a causa), sen dúbida: ou é por min, que non vos fago ben, ou é sinal da morte que vos vén.
(II) Moito tempo hai, e coido que está mal, que xa non vos ouvín facer un cantar nin me louvar a min nin a miña beleza; mais unha destas é a causa, sen dúbida: ou é por min, que non vos fago ben, ou é sinal da morte que vos vén.
(III) Xa me non podo eu lembrar do tempo en que vos ouvía facer un cantar, como adoitabades, para me louvar; mais unha destas que vos direi é (a razón): ou é por min, que non vos fago ben, ou é sinal da morte que vos vén.
(1) Se é por min, que non vos fago ben, dicídemo, e algo farei ao respecto.