(I) Por Deus, miña nai, sentistes un gran pracer cando se foi o meu amigo de aquí, e agora vén e iso compráceme moito a min; mais quérovos dicir unhas novas: se vos causa pesar, soportádeo ben, pois así o fixen eu cando el se foi de aquí, (II) porque vos alegrastes moito do meu mal cando el se foi, e xa eu vos hei querer mal por iso; e dinme que virá moi cedo, e quérovos eu dicir outra cousa: se vos causa pesar, soportádeo ben, pois así o fixen eu cando el se foi de aquí.