(I) Por Deus, miña señora, en canto eu viva xa vos eu sempre rogarei por Deus que me vallades; mais eu vos direi logo outra cousa que nunca vos pensei dicir: eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.

(II) E sabede agora moi ben que vós me metestes en tal coita por vós que, aínda que por min vos sentísedes mal, miña fermosa señora, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.

(III) E, miña señora, direivos ao respecto como é o meu caso, e, por Deus, non sintades pesar diso! Vede, aínda que eu hoxe así me perdo polo voso ben, señora, abofé, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.

(IV) E aínda que eu vos amo moi de corazón, señora, moi a pesar de vós, e vos veño cada día rogar que me vallades, así Deus me perdoe, eu coido que non me poderedes valer xa, aínda que vós queirades.