(I) Por Deus, señora, mentres eu estiver tan lonxe de vós, nunca en maior coita de amor nin que tanto padecese por causa da súa señora houbo no mundo ningún home, penado, penado, (II) sen nada: sen o voso ben, que desexei tanto que xa perdín o xuízo por iso e vivo atormentado sen o voso ben, e o máis axeitado é morrer axiña por causa diso, penado, penado, (III) porque alí onde eu vos vin, logo fun tan atormentado de amor que non durmín nin tiven ningún pracer, e se este mal me ha de durar, oxalá eu nunca nacese, penado, penado.