(I) Por Deus, señora, de boa gana quería unha cousa de vós, se Deus quixese: que eu non desexase o voso ben tanto como a noite desexa o día, polo moito afán que eu sufro e sufrín por vós, señora, e desde hoxe para sempre podo entender que niso fago unha loucura.

(II) E xa que a miña ventura non quere que vos apiadedes do mal que me vén por vós, señora, e é para min unha marabilla (o feito de que) non morro e debía morrer, por iso rogo a Deus, que sabe a coita que por vós sufrín, que me valla niso; se non, máis me valería a miña morte.