(I) Por Deus, señora, moi ben disposto está, desde que eu me afaste agora de vós, para que vos volva ver moi tarde, na miña opinión, por unha razón que agora vos direi: porque non haberá un período de tempo tan pequeno que eu more sen vós, así Deus me perdoe, que non me resulte moi grande, e seino.
(II) E, miña señora, nunca virei cedo a onde vos vexa desde que agora me afastar de vós, miña señora, e non vos vir; mais como vivirei con tal coita? Porque se un día tardar cando eu for onde non vos vexa, ben me parecerá, miña señora, que hai un ano ou máis que alá me demorei.
(III) E, miña señora, por que me aflixirei por vir cedo, pois non me ten prol? Pois se viñer logo, será tarde, e por isto nunca a encontrarei cedo abondo, pois se contase de menos un día en que non vos vexa, logo hei pensar que hai mil días que sen vós vivín.