(I) Por Deus, señora, eu sei moi ben que vos causo moito pesar por vos amar tanto; mais, se o sei, tamén non sei nada polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo.
(II) E pésavos porque eu non teño poder no meu corazón para amar a ninguén, miña señora, agás a vós; mais, aínda que vos pesa, non sei (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo.
(III) Porque vos amo eu moito mellor que a calquera outra cousa, vivo con grande ansiedade e sei que vos causo pesar, sen dúbida; pero non sei, señora, (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo.
(IV) E, miña señora, se vos prouguer, ben me debedes perdoar e permitir que vos ame, porque Deus non me quere dispoñer (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo.