(I) Polos meus ollos tiven eu tanto mal e tanto pesar e tan pouco pracer que máis me valera non os ter nin nunca ver a miña señora nin ningunha outra cousa, e non me vale de nada queixarme así diso, mais en mal día eu vin cos meus ollos, (II) pois por eles tiven eu moi pouco ben, e o pesar que me fan sufrir e a gran coita non se pode dicir con palabras, e queixaríame, mais non teño a quen, e non me vale de nada queixarme así diso, mais en mal día eu vin cos meus ollos.
(III) E á señora que me foron mostrar, de cantas mulleres Deus quixo facer moi ben falar e de moita beleza e por quen morro, non me atrevo a lle falar, e non me vale de nada queixarme así diso, mais en mal día eu vin cos meus ollos.