Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(I) Xa que el me furtou o meu podengo e o negou, eu penso que estes peñores lle han pesar, porque lle quero coller en peñor a cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(II) Mandou el que á alba me furtasen o mellor podengo que eu tiña, e teño desexo de peñoralo, e heille pillar a súa maior cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.
(III) Mais quererei chegar a un acordo con el, se así o quixer; mais se el non cumprir o acordado, os seus peñores ficarán para min, e aproveitareime ben da cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.