(I) Por canto eu vexo síntome prexudicado e sinto desexo, coita e pesar; xa ande ou estea quieto, o meu ánimo, que me fai matinar, resúltame aborrecido, porque, xa que a avareza venceu á xenerosidade e á valentía, non sei que pensar: vexo a vileza, a maldade, mudar o mundo por medio da súa astucia.
(II) Xa da verdade nin da lealdade non sinto falar, porque a falsidade, a mentira e a maldade non lles deixan lugar: estas son nacidas e criadas e atrevidas e queren reinar. Chegaron as nosas iradas fadas, para tal fadar.
(III) As lisonxas e as adulacións teñen boa fama e poder; e nos lugares onde adoitaban dicir nobres falares véxoos afastados, expulsados do mundo, desherdados, e vanse estragar (sen proveito); e vexo os (falares) maldicentes que chegaron, louvados e amados por moitos.
(IV) A clerecía (o estudo) pola que todo ben adoitaba rexerse (a paz, a cortesía, o lecer), que tiña un fermoso poder, cando a alegría vivía no mundo, e era causa de moito ben e gozo, foise de camiño, e dicía (cando marchaba): «Cada día hei de ser achada en falta».
(1) O dar (a xenerosidade), que era valorado, acababa o seu tempo e fuxía para se ir esconder.