(I) Pero da Ponte, denúnciovos xudicialmente perante o Demo do inferno: por quererdes faltarlle a Deus, o pai espiritual, blasfemastes gravemente. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(II) E xa que escollestes un asunto tan desmesurado e de tan pouco valor, hame de pesar logo, se finalmente vos resulta ben perante o diabo, a quen obedecestes. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(III) Vós non trobades como provenzal, senón como Bernal de Bonaval; por iso non é un trobar natural, xa que o aprendestes del e mais do demo. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.

(1) E por iso, Don Pedro, en hora má bebestes tanto en Ciudad Real.