(I) Aínda que eu quixese expresarme, creo que non sabería dicir, nin tampouco podería por moito poder que tivese, a coita que sofre o coitado que está namorado, nin sei quen mo crese, (II) agás aquel a quen amor sempre dese coita como a que me dá a min noite e día: coido que este coidase que falo eu con moita razón, pois ningún outro naceu que puidese crer isto.

(III) E, por iso, quen ben coñecese esta coita ben diría, e nin sequera tería a mínima dúbida, que Deus nunca fixo unha coita nin outro mal lacerante igual, nin ninguén pode pensar que o puidese facer.