(I) Aínda que eu vexo aquí trobadores, señora e luz destes ollos meus, que troban de amor polas súas señoras, non vexo eu aquí un trobador, por Deus, que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.

(II) Señora, a máis fermosa de cantas viven en Santarém e a que máis desexo, quérovos (isto) dicir, así Deus me perdoe: eu non vexo un home de cantos vexo que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.

(III) Ámovos tanto e tan de corazón que xa perdín o sono, señora de min e do meu corazón: non vexo eu un home tan entendido que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.